Liñas xerais do proxecto A auga na natureza.
Algunhas ideas que estamos pensando en poñer en práctica para este curso 2008-2009 son as seguintes:
Plantas medicinais. As plantas medicinais precisan de auga para crecer e para facer infusión. Temos pensado plantalas no noso horto escolar.
Árbores. Temos pensado a plantación de árbores en briks no Magosto en plantalos o día da árbore no monte ou donalos a unha organización ecoloxista.
Reciclaxe de papel. O papel reciclado permite aforrar auga necesaria no proceso de conquerir madeira para papel.
Plano das árbores do xardín. As árbores do xardín do colexio foron plantadas por Javier Sensat: o fundador do centro educativo, e proceden de lugares afastados. ¿Por qué non facer un plano delas?
Saúde. Precisamos da auga para vivir e para manternos sans: aseo, bebida, limpeza, etc.
A illa de reciclaxe. Quizáis debamos reivindicar que se nos coloque unha illa de reciclaxe en Alcabre, preto do colexio.
0 comentarios