Blogia
Proxecto educativo A AUGA NA NATUREZA

Proxecto educativo A AUGA NA NATUREZA

Proxecto educativo A AUGA NA NATUREZA

O proxecto A auga na natureza xorde no Colexio Xavier Sensat de Vigo.

A súa finalidade é que os mestres e mestras podamos poñernos en contacto para organizar as tarefas relacionadas coas Actividades extraescolares e complementarias que están unidas co Equipo de Normalización Lingüística, a Comisión de Coordinación Pedagóxica, a dinamización das Tecnoloxías da información e da comunicación, a dinamización da convivencia escolar e a dinamización da biblioteca escolar.

Como sempre, eliximos un tema para traballar arredor del durante todo o curso nas diversas celebracións. O tema deste curso 2008/2009 é "A auga na natureza" por ser un concepto tan aglutinante de temáticas e centros de interese.

Para facer todo isto, nesta páxina se queredes podedes comentar o que queirades.

Instruccións para comentar: Comentario. É moi doado. Basta con ir ao artigo (ou entrada) que queremos comentar e cliquear sobre ’comentar’ ou ’hay x comentarios’ (esquina inferior dereita) e facer clic: ábrese a ventá para escribir o comentario. Poñemos o nome de pila, se queremos e-mail e web e despois o comentario. Cando rematemos de escribir o comentario damos a pestaña ’Publicar’. Despois fainos unha pregunta de seguridade: ¿Cuanto sumana 2 y 2? e poñemos 4 (en número). Despois pinchamos en ’Publicar’ na esquina esquerda abaixo. Aparece ’Comentario publicado’.

 

0 comentarios