Blogia
Proxecto educativo A AUGA NA NATUREZA

As árbores chaman á chuvia.

As árbores chaman á chuvia.

As árbores chaman á chuvia é un proxecto de traballo que abranquería 2 cursos académicos.

Estiven falando con Afonso: un rapaz de Coruxo que entende moito destes temas e ten unha importante traxectoria en pro do ecoloxismo e da conservación do medio que colaboraría con nós desinteresadamente e en interese de todos.

1. Recollida da semente.

No curso 2008/2009 iríamos en Outubro a recoller semente boa de carballo autóctona de Galicia. Teríamos que levar aos nenos e nenas do colexio facendo unha excursión a nivel centro.

2. Realización do viveiro.

Unha vez teñamos as landras, habería que buscar un lugar fóra das aulas, nun viveiro ou na terra onde plantar as sementes.

Ventaxas e inconvenientes de plantar as árbores en briks: Como ventaxa, os briks permiten plantar as árbores (unha semente por brik) en macetas ecolóxicas reutilizando cartóns de leite, zume, etc. Despois poderíanse trasladar dun lado a outro. Como desventaxa ten que as raíces poderían non medrar ben e enredarse, quedar sen alimento na terra e que habería que regar os briks no verán para que non secaran as árbores.

Ventaxas e inconvenientes de plantar as árbores nun viveiro na terra: Como ventaxas tería que as árbores non terían problemas de espazo para medrar e para crecer e quizáis sexa a mellor opción. Como inconvenientes, o tema de dispoñer dun espazo no horto escolar ou no xardín do colexio, pero o espazo non sobra, ademáis de que habería que retirar as malas herbas porque aos carballos pequenos lles custa competir coa herba.

3. Plantación dos carballos no monte de Coruxo.

No curso 2009/2010 sería cando as árbores, tras un ano e pico de crecemento, poderían ser plantadas no monte de Coruxo, polo que poderiamos contatar co Presidente da Comunidade de Montes a través de Afonso. Así, buscariamos unha zona no monte de Coruxo para plantar as árbores que naceran, ou unha zona que se poidera habilitar.

Relación cos plans, proxectos e liñas metodolóxicas do centro:

  • A plantación de árbores é un contido do Currículo de Primaria derivado da LOE (Decreto 130/2007 do 28 de xuño, DOG do 9 de xullo).
  • Poderíase relacionar co Magosto e a estación do Outono: ciclo anual.
  • Tamén se pode relacionar con Voz Natura.
  • Estaría en relación co proxecto A auga e a natureza, porque as árbores son contedores vivos de auga e frean a desertificación dos terreos.

0 comentarios