O Día da Música.
O Venres 21 de novembro, celabramos no noso centro o día da música.
Acordamos que:
- Poremos música 15 minutos antes da entrada, durante os 30 minutos de recreo e 5-10 minutos antes da saída.
- Regalaremos aos nenos caramelos para celebrar este día tan especial como é o 22 de novembro.
- Cada titor adicará un tempo de clase en realizar unha ficha co seu alumnado relacionada coa música
Dende o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares, propoñemos as fichas seguintes por ciclos:
- Infantil: Colorearemos unha ficha coa clave de sol coa que podemos adornar a aula.
- I ciclo: Realizaremos unha ficha con cantigas galegas populares. Colorearemos a ficha da clave de sol.
- II ciclo: Realizaremos exercicios de lingua galega a partires da letra dunha cantiga galega: Catro vellos mariñeiros, A Carolina, Ven bailar Carmiña.
- III ciclo: Realizaremos un traballo sobre Puccini: un compositor da música clásica. Consultaremos unha noticia do 150 aniversario de Puccini e a súa biografía.
Moitas felicidades aos músicos: Ana, Andrés, etc.
0 comentarios