Conmemoración da Constitución e do Estatuto de Autonomía.
Dende o equipo de actividades complementarias, queremos recordar que do 1 ao 12 de decembro de 2008 conmemoraremos no noso centro a Constitución e o Estatuto de Autonomía. Por iso, propoñemos as seguintes actividades por ciclos para que cada titor na súa aula poida traballar estes temas co alumnado.
Infantil:
- O alumnado de infantil coloreará e decorará as bandeiras de Galicia e do Estado Español.
1º ciclo:
- Colorear ou decorar as bandeiras de Galicia e do Estado Español.
- Decorar un mapa de Vigo.
- Decorar un mapa de Galiza.
- Decorar un mapa do Estado Español.
- Realizar a webquest http://www.edu.xunta.es/contidos/phpwebquest/webquest/soporte_tabbed_w.php?id_actividad=164&id_pagina=1
2º ciclo:
- Colorear ou decorar as bandeiras de Galicia e do Estado Español.
- Colorear un mapa coas comunidades autónomas do Estado Español e picar a Comunidade Autónoma Galega co punzón.
- Manipular mapas de Vigo e de Galicia.
- Empregar a ferramenta Google-Earth para explorar mapas dende a propia web do centro http://centros.edu.xunta.es/ceipjaviersensat/ondeestamos.htm
- Realizar a webquest http://www.edu.xunta.es/contidos/phpwebquest/webquest/soporte_tabbed_w.php?id_actividad=164&id_pagina=1
3º ciclo:
- Decorar as bandeiras e un mapa coas comunidades autónomas e as provincias.
- Ler o artigo 20 da Constitución sobre o dereito á educación e realizar un debate na aula.
- Manipular mapas de Vigo, Galicia, O Estado Español e Europa.
- Localizar España no mapamundi.

0 comentarios