Conmemoración da declaración dos dereitos humanos.
Para conmemorar os dereitos humanos o día 10 de decembro de 2008, dende o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares, queremos propoñer dúas cousas:
1. En primeiro lugar, unha lectura animada dalgúns dereitos fundamentais dos nenos no salón de actos do centro. Despois de todo os dereitos humanos en cousa de todos, por iso quixemos celebralo a nivel centro.
2. En segundo lugar, as seguintes actividades por ciclos:
Infantil:
- Contar un conto sobre valores democráticos no que a unha persoa se lle negue algún dos dereitos humanos.
- Realizar unha asamblea para discutir a moralexa do conto.
1º ciclo:
- Contar un conto sobre valores democrático no que a unha persoa se lle negue algún dos dereitos humanos.
- Realizar un debate no que se discuta a moralexa do conto.
- Realizar unha ficha na que se explique ao alumnado algúns dos dereitos das persoas ou dos nenos.
- Realizar un contrato de normas de clase de cousas que Valen e Non valen facer na clase (Pensar en condutas concretas e variadas).
2º ciclo:
- Realizar unha ficha na que se explique ao alumnado algúns dos dereitos das persoas ou dos nenos.
- Comentar ao alumnado os dereitos e deberes que teñen no centro tendo en conta o RD 732/1995 sobre as normas de convivencia nos centros. http://www.boe.es/boe/dias/1995/06/02/pdfs/A16185-16192.pdf
- Consultar a declaración dos dereitos da infancia en http://www.margen.org/ninos/derecho4.html
3º ciclo:
- Consultar declaración dos dereitos humanos en http://www.un.org/spanish/aboutun/hrights.htm
- Realizar un resumo nos que de xeito sintético se mostren os dereitos das persoas.
- Realizar un debate no que se poña de manifesto a presenza ou ausencia de dereitos humanos en situacións cotiás.
- Buscar e criticar na prensa incumprimentos dos dereitos humanos.
- Consultar a declaración dos dereitos da infancia en http://www.margen.org/ninos/derecho4.html
- Realizar un resumo dos dereitos da infancia en http://www.unhchr.ch/spanish/html/menu3/b/25_sp.htm
0 comentarios