Blogia
Proxecto educativo A AUGA NA NATUREZA

Conmemoración do Día internacional da non violencia e da paz.

Conmemoración do Día internacional da non violencia e da paz.

O próximo venres día 30 de xaneiro, conmemoraremos no Colexio Xavier Sensat o Día da non violencia e da paz.

Acto de conmemoración: As actividades que a nivel centro vamos a realizar son as seguintes:

  1. Realizar un mural para a reixa na Entrada coa palabra PAZ en diversos idiomas.
  2. Realizar un mural na cortiza do patio interior con pareados de cada curso con alusión da paz co que configuraremos unha poesía da paz. Enriquecer o mural con noticias alusivas ao conflito de Gaza (que non firan a sensibilidade dos cativos). Elaborar producións escolares diversas en relación á paz que poidan ser desenvolvidas.
  3. Realizar outros murais a nivel ciclo ou curso para adornar as paredes dos corredores.
  4. Colocaremos no centro do patio exterior aos nenos e nenas de infantil que moverán un paraxute; e arredor (en círculos concéntricos) ao alumnado de primaria. Os nenos e nenas de primaria tirarán pombas da paz con desexos de paz enriba do paraxute para facer unha solta simbólica de pombas pola paz.
  5. Cantaremos unha canción en hebreo sobre a paz.

As actividades na Internet que dende o Equipo de Actividades complementarias os propoñemos son as seguintes:

Proposta de actividades sobre a paz: http://www.craaltaribagorza.net/article.php3?id_article=744&artsuite=0

 

1 comentario

albertoilhhfk -

Hello!

Nowadays getting a good job is not an easy task.
I've been looking for a new job and i found a very good [url=http://www.headhunterfinder.com]Headhunters [/url] directory.
Thanks to them i found a specialized headhunter and i got a new job.
Hope you find a nice job too!