Blogia

Proxecto educativo A AUGA NA NATUREZA

O día do consumidor

O día 15 de marzal é o día do consumidor.

 Dende o equipo de actividades complementarias queremos recomendarvos webquest para o 2º e 3º curso de primaria en relación á educación para o consumidor.

Recursos educativos da Xunta. http://www.edu.xunta.es/valora/?q=taxonomy_menu/2/127

Recursos educativos para primaria. http://cprcalat.educa.aragon.es/wq/gasolina/index.html

 

A semana da prensa.

 Celebraremos a semana da prensa do 9 ao 13 de marzal.

Recórdovos que a normativa dinos que "un día desta semana traballarase na aula con periódicos" (Art. 8.1 da Orde do 29 de maio de calendario escolar do curso).ç

Actividades a realizar:

Na cortiza exterior elaboraremos un mural con todas as edicións dos periódicos de prensa galega. Adornaremos con motivos florais porque cedo chegará a primavera.

Nos corredores elaboraremos por ciclos un periódico. Poñervos como exemplo que no I ciclo faremos un periódico-mural con noticias realizadas polos propios nenos e nenas.

No encerado exterior, que cubriremos con pael, elaboraremos un mural en relación á prensa coas seguintes producións escolares: noticias dos nenos, reais, imprensións de noticias de periódicos dixitais, etc.

Periódicos na Internet:

http://www.farodevigo.es/

http://www.lavozdegalicia.es/portada/index.htm

http://www.elcorreogallego.es/

http://www.elpais.com/

http://www.elmundo.es/

http://www.marca.com/

Actividades para realizar na Internet sobre a prensa:

Educación primaria: http://www.phpwebquest.org/wq25/webquest/soporte_tabbed_w2.php?id_actividad=5902&id_pagina=2

6º curso http://www.colegio-jaimebalmes.com/webquest/prensa/index.htm

 

 

Día internacional da muller traballadora

Día internacional da muller traballadora

O día 6 e 9 Conmemoraremos no cole o día da muller traballadora.

Recompilaremos xogos e actividades en relación  á igualdade efectiva de homes e mulleres.

Na internet podemos atopar algúns recursos:

Recursos da Xunta  http://www.edu.xunta.es/valora/?q=taxonomy/term/50

Cazadotesouro http://www.phpwebquest.org/wq25/caza/soporte_tabbed_c.php?id_actividad=85347&id_pagina=1

Para o 3º ciclo http://bemilladoiro.iespana.es/top.htm

 

 

Celebramos o Entroido.

Celebramos o Entroido.

O próximo Venres día 20 de xaneiro celebraremos no noso cole: O ENTROIDO.

·       De 16:00 a 16:30 será a recollida de lambetadas de xeito que o alumnado de infantil farana no ximnasio do centro e o de primaria nas instalacións do comedor escolar.

·        De 16:30 a 17:00 realizaremos un percorrido curto con infantil arredor da escola e finalizaremos o percorrido os de primaria pola redonda do colexio subindo pola rúa Javier Sensat e volvendo a escola. O alumnado de infantil esperará no patio das casiñas. Pediremos a asistencia da Policía Municipal.

·        De 17:00 a 17:30 faremos a merenda por quendas para tomar os postres de Entroido que nos traerán os pais e nais do alumando.

·        De 17:30 a 18:00 o alumnado xogará e bailará ata chegada a hora de remate da actividade que será as 18:00 horas.

E nos vamos a disfrazar das seguintes cousas:

·        Etapa infantil (3, 4, 5 anos): buzos.

·        1º A e B: medusas.

·        2º curso: botellas de auga.

·        3º curso: piratas.

·        4º curso: bombeiros.

·        5º curso: botellas.

·        6º curso: disfrace libre relacionado coa auga.

 

Conmemoración do Día internacional da non violencia e da paz.

Conmemoración do Día internacional da non violencia e da paz.

O próximo venres día 30 de xaneiro, conmemoraremos no Colexio Xavier Sensat o Día da non violencia e da paz.

Acto de conmemoración: As actividades que a nivel centro vamos a realizar son as seguintes:

  1. Realizar un mural para a reixa na Entrada coa palabra PAZ en diversos idiomas.
  2. Realizar un mural na cortiza do patio interior con pareados de cada curso con alusión da paz co que configuraremos unha poesía da paz. Enriquecer o mural con noticias alusivas ao conflito de Gaza (que non firan a sensibilidade dos cativos). Elaborar producións escolares diversas en relación á paz que poidan ser desenvolvidas.
  3. Realizar outros murais a nivel ciclo ou curso para adornar as paredes dos corredores.
  4. Colocaremos no centro do patio exterior aos nenos e nenas de infantil que moverán un paraxute; e arredor (en círculos concéntricos) ao alumnado de primaria. Os nenos e nenas de primaria tirarán pombas da paz con desexos de paz enriba do paraxute para facer unha solta simbólica de pombas pola paz.
  5. Cantaremos unha canción en hebreo sobre a paz.

As actividades na Internet que dende o Equipo de Actividades complementarias os propoñemos son as seguintes:

Proposta de actividades sobre a paz: http://www.craaltaribagorza.net/article.php3?id_article=744&artsuite=0

 

Ciclo anual de Nadal e Festival.

Ciclo anual de Nadal e Festival.

O día 19 de decembro de 2008, celebraremos o ciclo anual de Nadal no Colexio Javier Sensat.

Estades convidados a vir ao Festival que realizaremos en que contará coas seguintes Actuacións:

Infantil 3 anos. "Navidad, Navidad" e "Arbolito de Navidad"

Infantil 4 anos. "Navidad"

1º curso A. Rockn´roll around the Christmas tree.

1º curso B. Simona Molona y el caso de Papá Noel y los Reyes Magos.

2º curso. A árbore do Nadal.

3º curso. Vinde ver ao neno.

4º curso. Must be Santa. Accede ao vídeo dende aquí: http://www.youtube.com/watch?v=42_vCV2_gf0 

Infantil 5 anos. Paxariños.

6º curso. Start the Party.

5º curso. Navidad.

Dende o CEIP Javier Sensat queremos desexarvos un BO NADAL 2008 E UN PRÓSPERO ANINOVO.

Conmemoración da declaración dos dereitos humanos.

Conmemoración da declaración dos dereitos humanos.

Para conmemorar os dereitos humanos o día 10 de decembro de 2008, dende o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares, queremos propoñer dúas cousas:

1. En primeiro lugar, unha lectura animada dalgúns dereitos fundamentais dos nenos no salón de actos do centro. Despois de todo os dereitos humanos en cousa de todos, por iso quixemos celebralo a nivel centro.

2. En segundo lugar, as seguintes actividades por ciclos:

Infantil:

  • Contar un conto sobre valores democráticos no que a unha persoa se lle negue algún dos dereitos humanos.
  • Realizar unha asamblea para discutir a moralexa do conto.

1º ciclo:

  • Contar un conto sobre valores democrático no que a unha persoa se lle negue algún dos dereitos humanos.
  • Realizar un debate no que se discuta a moralexa do conto.
  • Realizar unha ficha na que se explique ao alumnado algúns dos dereitos das persoas ou dos nenos.
  • Realizar un contrato de normas de clase de cousas que Valen e Non valen facer na clase (Pensar en condutas concretas e variadas).

2º ciclo:

3º ciclo:

Conmemoración da Constitución e do Estatuto de Autonomía.

Conmemoración da Constitución e do Estatuto de Autonomía.

Dende o equipo de actividades complementarias, queremos recordar que do 1 ao 12 de decembro de 2008 conmemoraremos no noso centro a Constitución e o Estatuto de Autonomía. Por iso, propoñemos as seguintes actividades por ciclos para que cada titor na súa aula poida traballar estes temas co alumnado.

Infantil:

  • O alumnado de infantil coloreará e decorará as bandeiras de Galicia e do Estado Español.

1º ciclo:

2º ciclo:

3º ciclo: